viernes, 24 de junio de 2011



RECOMENDACIONS PARA O VERÁN


Comezamos o periodo estival, pero se fai mal tempo e queremos repasar inglés podemos facelo das seguintes formas:

-Podemos comprar os caderniños "Holiday English Primaria" da editorial Oxford.Estes caderniños contan cun Multirom cada un. As actividades son explicadas en castelán, así podemos traballar de forma autónoma e están relacionados cos contidos do curso,o vocabulario ou as estructuras estudiadas que nos servirán para repasar.
- Se o que queremos é ler, podemos atopar lecturas axeitadas ao noso nivel, e moi ben de precio,nas seguintes páxinas web:www.amazon.com ou www.bookdepository.co.uk/ (neste non cobran gastos de envio)
- Tamén vos recomendamos algunhas páxinas de xogos educativos para repasar inglés:www.bbc.co.uk/children;www.sesamestreet.org;www.agendaweb.org
-Por último,non olvidedes que ven moi ben ver películas ou debuxos en versión orixinal e que as cancións de moda do verán tamen existen en inglés.

HAPPY HOLIDAYS! ENJOY YOUR TIME!